top of page

O PP de Teo crea catro figuras dentro do seu grupo para facer unha oposición "implacable"

  • POLÍTICA | MLC
  • 17 jun 2015
  • 2 Min. de lectura

O Grupo Municipal Popular de Teo presentou esta mañá as líñas básicas de acción na oposición municipal, entre as que destaca a creación catro novas figuras "para facer unha oposición máis esixente co goberno e de maior servizo á veciñanza"

Imaxe: PP de Teo

José Manuel Guerra analizou esta mañá en rolda de prensa os resultados electorais do 24-M, que "deixaron claro que a cidadanía esixe modelos políticos de maior transparencia, esixencia e cercanía". Como voceiro do grupo popular, Guerra quere dar resposta a este escenario a través de novas fórmulas, polo que reestruturará as responsabilidades do grupo popular municipal en diversos niveis, para o que creará as seguintes figuras dentro do seu grupo:

- Observador/a de transparencia e boa gobernanza: segundo os populares, estará encargado de realizar un seguimento estrito da xestión do grupo de goberno, para ter a certeza de que os recursos públicos se xestionan de forma óptima ao servizo da veciñanza, cun trato igualitario para todas as parroquias, e asegurar que o exercicio do poder municipal se desenvolve baixo o principio de transparencia en asuntos como obras, contratación de persoal e subvencións.

- Defensor/a da veciñanza, que estará a disposición da veciñanza de Teo, "para recibir suxestións, propostas ou queixas por servizos que non funcionan, obras mal executadas, carencias, solicitudes non atendidas, etc. que se ocupará de trasladar ao grupo de goberno para a súa solución". Ademais, segundo Guerra, os veciños poderán contactar con esta figura "ben a través dun buzón que se instalará a estes efectos nas oficinas municipais ou a través dun teléfono móbil" que se habilitará para esta finalidade.

- Dinamizadora de formación para a empregabilidade, quen planificará e desenvolverá durante toda a lexislatura unha oferta formativa, estable e sistematizada, que se dará a coñecer oportunamente, dirixida á mocidade en situación de desemprego co obxectivo de mellorar as oportunidades de acceso ao mercado laboral.

- Activadores de zona, que funcionarán como "alcaldes de barrio" e que terán a responsabilidade de ser "nexo directo coa veciñanza das parroquias canalizando as expectativas de transformación e a mellora da calidade das infraestruturas nesta área xeográfica do concello".

Segundo informou Guerra, cada unha destas figuras "renderá contas da súa labor á cidadanía" cunha periodicidade mínima de un ano, elaborando as súas correspondentes memorias.

O líder dos populares de Teo xustificou a necesidade de crear estas figuras por mor "das carencias que se apreciaron na pasada lexislatura, tanto na execución das obras coma na perda de subvencións".

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page