top of page

Rafael Sisto e Uxía Lemus presentan o acordo de gobernabilidade de Teo

  • POLÍTICA | MLC
  • 17 jun 2015
  • 2 Min. de lectura

Uxía Lemus e Roberto Moñino (PSdeG) formarán parte do goberno teense, en concreto nas áreas de urbanismo e infraestruturas

Imaxe: Concello de Teo

Rafael Sisto (Son de Teo-Anova), e Uxía Lemus (PSdeG) presentaron esta mañá o acordo de gobernabilidade para o Concello de Teo durante os próximos catro anos. Este acordo, segundo explicaron Sisto e Lemus, marcará o que será un goberno "progresista, cun programa de corte social, que responde ás necesidades básicas e fundamentais da sociedade".

Este programa de goberno, quee centrará as súas liñas preferenciais no fomento do emprego e nas políticas de benestar social, é froito das negociacións que mantiveron SONdeTeo-ANOVA e o PSdeG durante as semanas posteriores aos comicios do 24M.

O novo goberno teense estará composto por seis grandes áreas de xestión. Da alcaldía dependerán economía e facenda, medio natural (no que se inclúe a xestión do ciclo da auga), lingua, persoal e comunicación.

A área de Urbanismo dependerá directamente do PSdeG-PSOE, xa que Uxía Lemus se encargará de Urbanismo, Vivenda e Sotibilidade (PXOM, disciplina urbanística, vivenda, obras de urbanización, sostibilidade) e Roberto Moñino de Infraestruturas (Plans provinciais de infraestruturas e plans especiais de colaboración con outras administracións).

Á fronte da área de Benestar continuará Ignacio Iglesias, quen xestionará os servizos sociais, escolas infantís, igualdade, conciliación, voluntariado e participación veciñal entre outras.

Salomé Beiroa levará a concellaría de administración, cultura, educación e deporte na que contará co apoio dos novos concelleiros, Pilar Pérez para o ámbito de Cultura e Jorge Carballido para Deportes. A maiores, esta concellería incluirá a administración electrónica, contratación e seguridade cidadá.

Xurxo Francos continuará na concellería de Servizos Básicos, atendendo a xestión das brigadas municipais, a reparación de vías e camiños, parques e xardíns, alumeado, limpeza viaria e xestión de RSU.

Pola súa banda, a outra nova incorporación de SONdeTeo-ANOVA, Concepción García, xestionará a área de transporte e emprego, na que tamén se englobará comercio e turismo.

A Xunta de Goberno Local estará constituída polo Alcalde, 4 concelleiros deSONdeTEO-Anova e 1 do PSdG-PSOE, Uxía Lemus, quen ostentará a segunda tenencia da Alcaldía.

O novo goberno terá 5 adicacións exclusivas e unha parcial

O goberno teense pasará a dispoñer de cinco adicacións exclusivas e unha parcial. O cadro de adicacións exclusivas aumenta polo tanto en unha, aínda que o alcalde e todo o conxunto de edís reducen o seu salario en comparación á anterior lexislatura.

- Rafael C. Sisto Edreira (SONdeTEO-ANOVA): 40.000€/ano brutos.

- Uxía Lemus de la Iglesia (PSdeG-PSOE): 32.000€/ano brutos.

- Xosé Ignacio Iglesias Villar (SONdeTEO-ANOVA): 32.000€/ano brutos.

- María Salomé Beiroa (SONdeTEO-ANOVA): 32.000€/ano brutos.

- Xurxo Francos Liñares (SONdeTEO-ANOVA): 32.000€/ano brutos.

- Concepción García Vázquez (SONdeTEO-ANOVA): 17.000€/ano brutos.

- Persoal de confianza "xefa de gabinete da Alcaldía coas responsabilidades de prensa e comunicación": 26.000€/ano brutos.

Mañá, xoves 18 de xuño, celebrarase ás 20:00 horas do serán un pleno extraordinario coa finalidade da creación e composición das comisións informativas, o establecemento da periodicidade dos plenos, a aprobación das adicacións exclusivas e o réxime económico das asistencias a órganos.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page