Regresa o ciclo Música nos Tilos coa actuación de Caxade
- CULTURA | RSR
- 17 jun 2015
- 1 Min. de lectura
O grupo tocará este venres 19 ás 22:30 horas da noite na Casa Común dos Tilos

Este venres chega aos Tilos a banda Caxade, participante no ciclo Música nos Tilos.
Liderada por Alonso Caxade, a banda preséntase cunha proposta “elegante e sinxela, cun discurso reivindicativo, metafórico e irónico”.
O grupo, de son indie – folk, que editou o seu primeiro disco, Caxade, no ano 2013, conta con Manu Paino na trompeta e carillón, Manu Espiño no bombardino, Xosé Tuñas na batería e Alonso Caxade na voz e o acordeón.
O concerto, de formato íntimo e de proximidade para a total sintonía entre o grupo e o público, terá lugar na Casa Común dos Tilos ás 22:30 horas do venres 19 de xuño.
A entrada será gratuíta, pero dende o Concello agradecen calquera contribución ao Banco de Alimentos Municipal levando alimentos non perecedoiros.
O ciclo Música nos Tilos pechará esta edición o vindeiro venres 26 coa actuación de Oh Trío, tamén na Casa Común dos Tilos.
Comments