top of page

Os colexios teenses asumirán a total xestión dos fondos do banco de libros municipal

  • EDUCACIÓN | RSR
  • 18 jun 2015
  • 1 Min. de lectura

O Concello de Teo cederalles aos colexios tódolos libros do seu depósito

Imaxe: asnovasdeteo.com

Os colexios de Teo asumirán a xestión dos fondos do banco de libros, até agora xestionada dende a Concellaría de Educación. Trala posta en marcha desta nova medida, que nace para non duplicar servizos, o Concello cederá os exemplares dos que dispón aos centros educativos, despois do acordo cos mesmos e máis as ANPAs.

Por outro lado, os alumnos de 3º y 5º de primaria que recibiron este curso axudas por medio do programa do Fondo solidario de libros da Xunta de Galicia, están obrigados a depositar os libros de texto adquiridos con esa axuda nos seus respectivos centros.

Ademais, a Xunta convoca para o próximo curso axudas para a compra dos libros de 4º e 6º de primaria, xa que en centros coma o CEIP de Calo se producirá un cambio na editorial de referencia que fará que os libros do depósito non coincidan cos novos. Ditos libros quedarán, ao final de curso, en poder dos centros. No caso do CEIP da Ramallosa, mantéñense os mesmos libros nos cursos de primaria e a enseñanza dixital EDIXGAL para os alumnos de quinto e sexto curso.

Dende a Concellaría de Educación, que levaba asumindo esta competencia dende o ano 2012 co fin de “servir de apoio económico ás familias, axudándolles a reducir os gastos de escolarización dos seus fillos e fillas”, informan aos pais e nais de que os libros en préstamo que teñan todavía no seu poder terán que entregarse, durante este curso, no colexio ao que acudan os seus fillos.

 
 
 

Comentários


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page