Bos resultados para o Club de Béisbol e Sófbol Os Tilos no Torneo Villa de Gijón
- DEPORTES | RSR | Club de Béisbol e Sófbol Os Tilos
- 22 jun 2015
- 1 Min. de lectura
A segunda edición deste torneo internacional celebrouse durante a pasada fin de semana nesta localidade asturiana

Durante toda a pasada fin de semana tivo lugar o segundo Torneo Internacional Villa de Gijón, no que participou o Club de Béisbol e Sófbol Os Tilos.
Na cidade asturiana, os 25 rapaces e rapazas do Club teense que se desprazaron até alí, acompañados por 5 monitores e familiares, competiron coa Selección Asturiana de Béisbol, o Club El Llano de Gijón, e o Club de Béisbol Francés Aquitania, conseguindo o segundo posto na categoría cadete e o primeiro na categoría infantil, tras gañar nunha “intensa final” ao Aquitania cun resultado total de 6 – 1.
Ademais de desfrutar dos encontros, os participantes do torneo poideron vivir dúas xornadas de convivencia, nas que transmitiron aos nenos e maiores “valores a través do deporte e das experiencias compartidas”.
Comments