top of page

Preto de 300 cacharelas arderán durante este San Xoán en Teo

  • MLC
  • 23 jun 2015
  • 2 Min. de lectura

Segundo os datos do Departamento de Medio Ambiente, case 300 persoas comunicaron a intención de realizar cacharelas

Flickr

Algunhas das cacharelas que arderán na noite de hoxe ou durante o transcurso da semana foron solicitadas por diferentes colectivos, aínda que a maior parte delas foron solicitadas por particulares.

Dende o Concello lembran a importancia de manter as medidas de seguridade para evitar incidentes, sobre todo por mor das xornadas de calor que se están a vivir estes días. Entre as medidas óptimas salientan que o lume non debe superar os 8 metros de perímetro nin os 3 metros de altura, que a separación entre o lume e os edificios ou árbores debe ser de canto menos 12 metros e está prohibido queimar pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites ou calqueroutra substancia que desprenda fume.

Así mesmo, dende o consistorio sinalan que hai que ter especial coidado en deixar o lume totalmente apagado antes de abandonar o lugar no que se faga a cacharela, ademais de non facela debaixo de tendido eléctrico ou telefónico así como nas proximidades de locais que teñan produtos inflamábeis. No caso de facela en terreos públicos enlousados debe protexerse o pavimento cunha capa de area dun grosor suficiente para evitar deterioro do mesmo.

Durante a tarde de hoxe tamén se realizan roteiros para recoller herbas de San Xoán

A concellaría de Participación Veciñal organiza unha saída para recoller herbas de San Xoán. Tódalas persoas que desexen participar e coñecer algo máis da orixe desta tradición para cumprir cun dos rituais da noite de San Xoán, poden animarse xa que non é preciso inscribirse.

Este grupo partirá ás 19:00 horas dende os muíños de Vilaverde (Calo), preto da estación de tren de Osebe. Ademais, Eva Villar, perito agrícola, fará de guía para poder coñecer máis datos sobre estas herbas de San Xoán e sobre todo saber como identificalas.

Ademais, a asociación A Ramallosa tamén realiza o seu particular roteiro, a partir das 18:00 horas con saída dende o Pavillón Ezequiel Mosquera.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page