top of page

Oh Trío pon o punto final desta edición de Música nos Tilos

  • CULTURA | MLC | Concello de Teo
  • 25 jun 2015
  • 1 Min. de lectura

Este ciclo de concertos íntimos e de proximidade, que teñen lugar na Casa Común dos Tilos, concluirá ás 22.30 horas deste venres 26 de xuño

Fonte: http://www.germandiaz.net/ohtrio/

Despois das actuacións de Xacobe Martínez Antelo Trío e Caxade, chega o turno esta semana de Oh Trío, quen poñerá o peche a esta edición da mostra musical.

Oh Trío é un grupo de jazz tradicional que está formado por Antonio Bravo á guitarra, Germán Díaz na zanfona, na caixa de música e no serrucho musical e Diego Martín na batería. Os integrantes desta formación, que xa se coñecían e colaboraban en diversas formacións desde había anos, non decidiran até o 2008 reunirse como grupo musical. Dende ese momento, comezaron a realizar xiras por multitude de países e os seus traballos discográficos foron premiados en diversas ocasións por revistas de alcance internacional.

Os concertos de Música nos Tilos están organizados polo Concello de Teo e contan co apoio da Deputación da Coruña para o seu financiamento. Dende o consistorio animan aos asistentes a facer achegas para o Banco Municipal de Alimentos, en especial de víveres non perecedoiros.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page