top of page

Música, actividades e artesanía na "Feira da Terra"

  • CULTURA | RSR
  • 27 jun 2015
  • 1 Min. de lectura

A Feira da Terra terá lugar este domingo 28 de xuño na carballeira de San Martiño en Francos, na parroquia de Calo

Cartaz

Durante o próximo domingo, desenvolverase no lugar de Francos a terceira edición da Feira da Terra, promovida pola Asociación A Carballeira e coa colaboración do Concello de Teo. Esta feira tratará de ser “un espazo de intercambio de ideas, de compravenda de productos e de actividades”, cun mercado que estará aberto dende a media mañá e no que poderán mercarse produtos da horta, de alimentación, restauración ou artesanía.

Durante a feira tamén terá lugar unha xornada de lecer, con charlas e obradoiros sobre alimentación, restauración, horta e xogos tradicionais, ademais de contar coas actuacións do grupo A Rexionalista, os percusionistas de Os Fóndaos do Pífaro e Ce Orquestra Pantasma, quen amenizarán a xornada coa súa música.

Por último, entre outras actividades, os asistentes á feira, poderán disfrutar do bautismo hípico grazas á colaboración da escola de equitación do Centro Hípico Haras de Compostela.

 
 
 

コメント


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page