top of page

As compañías teatrais galegas inician un proceso de confluencia e unidade

  • CULTURA | RSR | Chévere
  • 30 jun 2015
  • 1 Min. de lectura

Case unha quincena de compañías están mantendo xuntanzas para a procura de accións que contribúan a superar a crise que afecta ao sector escénico en Galicia

Imaxe: Chévere

Para superar a profunda crise que sufre este sector en Galicia, a primeira acción conxunta por parte das distintas compañías será a de incorporarse “masivamente” á Asociación Profesional de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega. Con este paso, as compañías teatrais apostan “pola unidade de acción e pola confluencia de proxectos con sensibilidades e intereses diversos”.

Deste xeito pretenden dotarse “dunha ferramenta institucional que sexa realmente representativa do rico tecido empresarial das artes vivas galegas, unha ferramenta asociativa que abra novas dinámicas de traballo entre compañías, que traballe polo ben común e que tenda pontes de cooperación”.

As compañías de artes escénicas denuncian ademais o “obsoleto do modelo de subvencións” e a “desmantelación da Rede Galega de Teatros e Auditorios”.

As compañías asinantes son as seguintes:

CHÉVERE

VOADORA

PISANDO OVOS

IL MAQUINARIO

REDRUM

INVERSA TEATRO

A PANADARÍA

BORJA FERNÁNDEZ

ARTESACÍA.

APORÍA ESCÉNICA

FUNBOA ESCÉNICA

BOCABERTA

LAMACANA

TRASPEDIANTE

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page