O incendio de Calo sáldase con 55 hectáreas queimadas
- SUCESOS | MLC
- 30 jun 2015
- 1 Min. de lectura
O incendio, que quedou totalmente extinguido ás 3:30 horas da madrugada, arrasou 55 hectáreas de terreo arbolado nas zonas de Mouromorto, Socastro e Texexe.

Os veciños comezaron a alertar do suceso ás 17:42 horas, cando despois de loitar eles mesmos contra as chamas con cubos de auga e mangueiras, Medio Rural decidiu enviar á zona un vehículo motobomba, dúas brigadas e un axente forestal. A situación agravouse rapidamente por mor da calor e a vexetación seca, o que provocou que ás 20:00 horas se elevase a situación ao nivel 2 nunha escala onde 3 é o máximo.
Nese momento, o dispositivo aumentouse até dotalo de dous helicópteros, cinco axentes forestais, tres motobombas e catro brigadas. Unha axuda que tardou en chegar, tal e como denunciaban os veciños da zona e as autoridades que se atopaban no lugar do suceso.
O incendio non se deu por controlado até as 21:00 horas do serán, momento no que os brigadistas impediron que as chamas se poidesen achegar máis ás vivendas e non sería até as 3:30 horas cando o incendio se daría por extinguido.
O incendio na rede




Bình luận