top of page

A xestión municipal da auga podería comezar no mes de outubro

  • POLÍTICA | MLC
  • 8 jul 2015
  • 2 Min. de lectura

Segundo manifestou o alcalde, Rafael Sisto, durante o pasado pleno extraordinario, o Concello podería comezar a xestionar o servizo da auga e depuración durante o último trimestre do ano

Imaxe

Durante a tarde do luns 6 de xullo tivo lugar a celebración dun pleno extraordinario no que se debatiron e aprobaron os aspectos con máis trascendencia do proceso da municipalización do servizo de xestión e abastecemento da auga en Teo.

Un dos primeiros puntos tratados neste pleno extraordinario foi a aprobación do regulamento das taxas do abastecemento, medida que se aprobou cos votos a favor de Anova, PSdeG e BNG. O PP votou en contra ao considerar estas taxas como "excesivas".

De seguido tivo lugar a aprobación da memoria técnica do proceso de municipalización cos votos a favor de Anova, PSdeG e BNG. Pola súa parte, o Partido Popular tamén votou en contra".

Para rematar, procedeuse á votación relacionada co cadro de persoal do servizo da auga, un dos puntos máis delicados do proceso da municipalización. Este asunto foi aprobado grazas ao voto de calidade da alcaldía, xa que o BNG e o PSdeG se abstiveron mantendo a posición exercida durante a anterior lexislatura. En canto á formación de José Manuel Guerra, volveu a opoñerse á medida sinalando que este proxecto "xa fai augas mesmo antes de comezar".

Rafael Sisto, alcalde de Teo, recurriu aos informes elaborados pola intervención e a secretaría para aprobar a medida relacionada co cadro de persoal. Ditos informes sinalan que os traballadores de Viaqua non podería ser subrogados polo Concello xa que sería unha medida ilegal.

Dende o momento en que comece o proceso de selección do novo persoal, os traballadores da empresa poderán presentar un recurso que obrigará ao Concello a readmitilos mentres non exista unha sentencia firme do xuíz, momento no que o goberno local poderá sacar a oposición todos os postos de traballo ou ben subrogar aos actuais traballadores, en consecuencia á resolución xudicial.

 
 
 

댓글


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page