Éxito de participación nos campamentos de verán de ARCOSTILOS
- ASOCIACIÓNS | MLC | ARCOSTILOS
- 15 jul 2015
- 2 Min. de lectura
Durante a primeira quenda do campamento, que se celebrou dende o 1 de xullo, participaron máis de 200 rapazas e rapaces

Os máis de douscentos participantes da primeira quenda dos campamentos estiveron divididos en diferentes grupos: VIII Campamento Xuvenil "Pasiño a pasiño", o XIII Campamento Infantil, "Un verán distinto... un verán nos Tilos" e III Campamento Expedición Tilos.
Na primeira parte do mañá os rapaces e rapazas participaban na súa disciplina deportiva favorita, para a que contaron cos monitores do Club San Francisco que durante a tempada dirixen as diferentes seccións do Club. Tamén tiveron como opción actividades creativas para a primeira hora da mañá.
Despois desta primeira actividade, os participantes dirixíronse camiño da piscina e a repor forzas na merenda para continuar coa gran variedade de actividades.
Cada mañá, os diferentes grupos participaban en actividades deseñadas segundo a idade dos rapaces: o grupo dos máis pequenos e pequenas (3 a 5 anos) seguiron as aventuras que lles propuxo Superkarina, unha superheroína que quere salvar o planeta; no grupo do medianos (6 e 7 anos) o equipo FEMUUR organizoulles múltiples actividades; o grupo dos maiores (8 e 9 anos) seguiron a súa aventura percorrendo unha morea de recunchos e realizando probas, o Pekin Express particular de ARCOSTILOS; en canto ao grupo Xuvenil ( a partir de 10 anos) realizou diversas probas de supervivencia no día día e superaron novos retos.
Logo dunha apetitosa comida continuaron a tarde con múltiples actividades até as 20:30 horas, sendo superaxentes secretos dos Tilos.
Unha vez rematada esta quenda, dende ARCOSTILOS informan que "xa estamos listos para a 2ª quenda de xullo e as quendas de Agosto, para as cales aínda temos algunha praza solta".
Comments