top of page

Estefanía Ojea representará a Galicia no Campionato Europeo de Fútbol Americano

  • DEPORTES | RSR | CSF Teo
  • 16 jul 2015
  • 1 Min. de lectura

A deportista galega competirá co Equipo Nacional Femenino durante o próximo mes de agosto

Imaxe: CSF TEO, Estefanía Ojea

Estefanía Ojea González foi convocada polo Equipo Nacional para competir no próximo Campionato Europeo, que se celebrará dende o 1 ao 9 de agosto en Maracena, Granada.

A xogadora, que actualmente está cedida ao Barberá Rookies de Cataluña, estará concentrada na misma cidade da celebración do torneo a partir do vindeiro 26 de xullo.

Dende o Club San Francisco Teo, refírense a Estefanía como “un exemplo de superación, traballo e esforzo”, e é que Fany (alcume co que é máis coñecida) comezou no fútbol americano hai só tres anos, tras ter que abandonar o kárate, deporte que practicaba até ese momento, por unha lesión.

“Cunha grande iniciativa e curiosidade por coñecer un novo deporte” chegou a ser, segundo afirman dende o Club teense, “a precursora da práctica feminina deportiva en Galicia” do Fútbol Americano.

Despois dun largo camiño que comezou coa formación do equipo Gladiadoras do CSF Teo, a propia deportista anima a coñecer o Fútbol Americano desde dentro, achegándoo e fomentándoo na sociedade.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page