Descontento entre a veciñanza de Vilanova polas obras de mellora das calzadas do lugar
- POLÍTICA | RSR | PP de Teo
- 17 jul 2015
- 1 Min. de lectura
Segundo o PP teense, o proxecto de mellora das calzadas non contempla a drenaxe da agua, o que podería provocar o anegamento das casas da zona en época de fortes choivas

O PP de Teo toma a voz da veciñanza de Vilanova (Oza) para expresar a súa “disconformidade” cos arranxos das calzadas que se están a facer diante das casas da zona.
Segundo os veciños, estas obras van “provocar máis problemas que ventaxas”, xa que aseguran que na execución “non se contempla a mellora das cunetas ou a canalización das aguas e o entubado lateral”, o que segundo o Partido Popular podería provocar, en caso de fortes choivas, “inundacións nas casas situadas nas zonas máis baixas”.
Dende o partido dirixido por José Manuel Guerra, solicitan tamén o asfaltado dun tramo de 30 metros que “dá servizo a varias casas”, así como a mellora da situación duns postes de luz que “se atopan no medio dun cruce” da zona.
Comments