top of page

Reclaman a actuación municipal para evitar o continuado deterioro da Urbanización de Campos de Mirab

  • POLÍTICA | MLC | BNG de Teo
  • 17 jul 2015
  • 1 Min. de lectura

Dende o BNG de Teo recollen as queixas dos veciños e veciñas da urbanización para que o goberno municipal actúe para evitar que se sigan deteriorando os pavimentos e as beiravías

Imaxes: BNG de Teo

A Urbanización Campos de Mirabel, situada no lugar de Fixó (Calo), foi construída en varias fases, mais en todo caso leva urbanizada desde hai máis de dez anos e foi finalmente recepcionada polo Concello de Teo en setembro de 2012.

Dende o BNG denuncian que "o paso do tempo, o uso e máis as deficiencias na construción van xenerando desperfectos nas beirarrúas e mesmo nos elementos de formigón que delimitan os aparcamentos e no pavimento".

Por isto, e atendendo ás demandas veciñais, o concelleiro do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, reclama nun escrito dirixido ao Alcalde de Teo as actuacións necesarias co fin de evitar que se siga deteriorando a urbanización.

 
 
 

Comentarios


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page