top of page

A observación astronómica no mirador da Agrela terá lugar na noite do luns 20

  • CIENCIA | MLC | Concello de Teo
  • 18 jul 2015
  • 1 Min. de lectura

A actividade, prevista para este sábado 18 de xullo, muda de data por mor da nubosidade

A observación astrónomica no mirador da Agrela terá lugar na noite do luns 20

Segundo informa o Concello de Teo nunha nota de prensa, xunto ao observatorio astronómico da USC, acordouse cancelar a observación astronómica prevista para este sábado 18 de xullo en Lampai.

A nova data prevista para celebrar o evento será na noite do luns 20, se o ceo está despexado, "xa que foi a nubosidade precisamente a que obrigou a cambiar a data". No caso de que o luns tampouco se dean as condicións óptimas, o consistorio aclara que a nova data quedaría fixada para o vindeiro sábado 25 de xullo.

Esta actividade englóbase dentro do programa TodoCosmos, impulsada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC que pretende mellorar a divulgación astronómica entre a sociedade. Dito programa conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a actividade é gratuíta.

A observación farase no mirador da Agrela, no monte de Lampai e para participar non hai que anotarse. Só achegarse á zona ao redor das 22:00 horas.

 
 
 

コメント


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page