Acometen obras para mellorar o estado do pavimento en varios núcleos do concello
- POLÍTICA | MLC | Concello de Teo
- 24 jul 2015
- 1 Min. de lectura
Estas obras de mellora realízanse mediante o aglomerado en quente e contan co financiamento da Deputación da Coruña. Teñen un custo de máis de 130.000 euros.

O Concello de Teo informa de que está executando diferentes obras de reforzo do pavimento en varios núcleos do municipio, supervisadas polos concelleiros socialistas, Uxía Lemus e Roberto Moñino.
Uxía Lemus, voceira do PSdeG teense, sinala que estas obras son "moi necesarias nos núcleos xa que a rede viaria interior estaba moi deteriorada” e salientou que estas melloras se están a facer "segundo recolle o proxecto, en aglomerado en quente", o que segundo a concelleira socialista "garante unha obra duradeira”.
Dende o consistorio sinalan que se está a actuar en aldeas como Sebe en Cacheiras, de Xesta a Cesar en Calo, Caxade en Luou, Vilanova en Oza e A Silva en Lampai.
Ademais, segundo informan dende o Concello, nos últimos "estívose falando cos veciños/as afectados/as de cara a que as obras poidan cubrir dun xeito adecuado as demandas existentes, coa particularidade de que nalgúns dos lugares o propio deseño dos núcleos tradicionais dificultan algunhas solucións propostas xa que son inviables tecnicamente".
O investimento destas melloras supera a cifra de 133.000 euros e realízase grazas ao financiamento da Deputación mediante un acordo de colaboración.
A actuación en todos os núcleos, segundo confirma o Concello, achégase aos 3.500 metros lineais e fíxose en mestura asfáltica en quente de 6 centímetros de espesor.
Kommentare