O BNG esíxelle ao alcalde de Teo que cumpra a normativa de normalización do galego
- POLÍTICA | RSR | BNG de Teo
- 24 jul 2015
- 1 Min. de lectura
O BNG de Teo vén de rexistrar un escrito para pedirlle ao Alcalde de Teo que observe e faga observar o cumprimento da normativa en materia de normalización lingüística.

Segundo denuncia o BNG de Teo, dende o equipo de Goberno teense, liderado por Rafael Sisto,
non se está a respectar a Lei de Normalización Lingüística, aprobada no Concello de Teo no ano 1990 e na que se establece o uso da lingua galega, como idioma oficial, por parte dos poderes públicos.
Manuel Anxo Fernández Baz, voceiro do BNG de Teo, solicitoulle a Sisto o seu compromiso coa lingua galega, “lingua propia de Galiza, e idioma oficial do Concello de Teo”. Fernández testemuña as súas palabras referíndose a unha serie de marquesinas colocadas polo Concello en maio deste mesmo ano nas que se pode ler a prohibición de pegar carteis en castelán.
Comments