top of page

O Praíña Sporting Club celebra mañá o seu VI Torneo Triangular

  • DEPORTES | Jorge Carballido
  • 31 jul 2015
  • 2 Min. de lectura

O Praíña Sporting Club organiza esta sexta edición do torneo que leva o seu propio nome, sendo, ano tras ano, unha referencia na pretempada de equipos profesionais e semiprofesionais galegos.

Cartaz

O campo de fútbol do praíña, na parroquia de Reis, acollerá este triangular que ten como principal atraente a participación do Coruxo F.C., conxunto que milita na 2ªB, quen disputará o torneo contra a S.D. Ordes, que participa na terceira división e o C.D. Estradense, que está na Preferente Galicia Sur.

Este ano o equipo punteiro é o vigués Coruxo, que tras realizar unha brillante campaña na pasada tempada da 2ªB, acadando unha meritoria oitava praza, tratará de repetir este ano unha campaña acorde a un equipo moi asentado xa na categoría. O Ordes será outro dos atractivos do torneo, un equipo consolidado na categoría da terceira galega e que buscará outro ano máis estar nos postos tranquilos desta división. Por último, o Estradense, equipo que acadou un cuarto posto na Preferente Autonómica Sur, buscará prepararse para poder disputar o ascenso á terceira, categoría na que militou tantos anos.

O torneo, que se disputa polo método dun triangular, comezará ás 18.30 h co partido entre Ordes e Estradense. Unha hora máis tarde, ás 19.30 h será o Estradense o que se enfronte ao Coruxo e, por último, ás 20.30 horas o Coruxo medirase ao Ordes, para xa ás 21.30 horas proceder á entrega de trofeos. Este torneo, organizado polo equipo local do Praíña Sporting Club, co cal colabora o Concello de Teo, destinará o dez por cento do recadado nas entradas para a Asociación sen ánimo de lucro ASPAMITE (Asociación de Pais de Minusválidos de Teo).

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page