top of page

O Concello de Teo homenaxea a Avelino Pousa Antelo polo seu III cabodano

  • HOMENAXE | RSR
  • 21 ago 2015
  • 2 Min. de lectura

Enmarcado no acto, entregouse á Parroquia de Santa María de Arzúa o caxato de Pousa Antelo por “manter vivos os valores propios da Galicia rural”

Imaxe: Concello de Teo

No acto celebrado onte, 20 de agosto, no salón de plenos do Concello de Teo e organizado pola Irmandade Avelino Pousa Antelo, a Irmande Manuel María da Terra e a Asociación Cultural Xermolos, reunironse familiares e amigos para recordar a figura do escritor no seu III cabodano.

No encontro, Rafael Sisto foi o encargado de abrir o acto lembrando o “legado cultural e o valor humano que Avelino nos deixou” e mostrouse compracido de que o Concello “siga a ser cada ano o lugar escollido para celebrar a cerimonia de entrega do Caxato do Avelino”, que foi outorgado este ano á Parroquia de Santa María de Arzúa por “manter vivos os valores propios da Galicia rural”. Á entrega sumouse un cadro representativo da figura de Avelino.

O acto continuou cas palabras de Sara Torreiro, veciña da parroquia de Santa María de Arzúa, quen recordou a presencia de Avelino nas festas e puxo en valor “a idiosincrasia rural e o apego ao propio para concluír neste mundo globalizado, idiosincrasia na que él encaixou de marabilla”.

A escritora Navia Ribas tamén estivo presente no acto, lembrando a figura de Avelino cun dos seus textos, co que logo fixo unha reflexión á “dualidade metafórica dun caxato vieiro ou xusticeiro á vez”.

Os actos no Salón de Plenos remataron co agradecemento a todos os asistentes e ás institucións organizadoras e colaboradoras pola parte de Nora Puosa, filla de Avelino, quen felicitou ademais á Parroquia de Santa María de Arzúa por ser a nova portadora do caxato.

A xornada proseguiu polo Paseo Avelino Pousa, nos Verxeis, coa interpretación de “O gateiro nubeiro” a cargo de Raúl e coas palabras de Mini e Mero e da Concelleira de Cultura de Teo, Pilar Faxil, para cerrar o acto. A cerimonia tamén contou coa colaboración do Concello de Teo, o Concello de Negreira e a Asociación Cultural Alfonso Eanes de Barcala.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page