top of page

O Partido Popular esixe a mellora das condicións viarias para os peóns en Cacheiras

  • POLÍTICA | RSR
  • 24 ago 2015
  • 1 Min. de lectura

O PP teense lembra á corporación de Goberno a necesidade de correxir os problemas viais do núcleo urbano máis importante do Concello

O Partido Popular volve a recordar a “necesidade de mellorar as condicións viarias para os peóns en todo o termo municipal”, salientando a parroquia de Cacheiras, onde segundo sinalan dende o PP “as carencias son máis perentorias”.

José Manuel Guerra, portavoz do PP teense, denuncia “a evidencia das escasas actuacións de mellora e limpeza” producidas en Cacheiras, calificándoas de “insuficientes e sin unha clara aposta por mellorar a seguridade viaria dos peóns”.

Dende o PP recordan ademais, “as solicitudes para actuar negadas e que se levan facendo durante os últimos oito anos” e esixe que “se inicien os procedementos pertinentes para levar a cabo unha planificación ordenada, executando sendas peonís naquelas zonas onde a poboación máis o necesita en función do volume de tráfico rodado e a pé” ou “a colocación de pasos de peóns nas cercanías da rotonda de Cacheiras”.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page