ARCOSTilos pecha a X edición do seu Campamento de Setembro “Impúlsate nos Tilos”
- RSR | Asociacións
- 10 sept 2015
- 1 Min. de lectura
Ao campamento asistiron un total de 75 rapaces, quen desfrutaron das múltiples actividades que se levaron a cabo dende a asociación

Durante 9 días, 75 rapazas e rapaces poideron desfrutar das actividades temáticas do campamento, enfocadas a todas as idades. Os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos estiveron nunha Escola de Maxia, onde tiveron que axudar a Trompita e Parlanchín, dous magos en prácticas, a facer diferentes trucos e conxuros.
Por outra parte, os nenos de 6 e 7 anos integráronse na vida circense, exercendo de malabaristas, paiasos ou trapecistas. Por último, o grupo de persoas entre os 8 e os 14 anos participaron en actividades deportivas, mediante xogos de iniciación.
Desta forma, conclúen os Campamentos de Verán 2015 e comeza a conta atrás para os Campamentos de Inverno qua leva a cabo tamén esta asociación, que se mostra agradecida ás familias pola “confianza, reflexo da alta participación” no campamento.
Dende ARCOSTilos recordan tamén que continúan cos proxectos de Concilicación, polo lo que animan a “todas as persoas interesadas que se acheguen ás intalacións a coñecer as ofertas para este novo curso”.
Comments