Chega a Teo a última proba do Campionato do Mundo de Trial
- RSR | DEPORTES
- 11 sept 2015
- 1 Min. de lectura
A competición terá lugar durante este sábado 12 e o domingo 13

Esta fin de semana o Concello de Teo será a sede do Campionato do Mundo de Trial. En total, serán 16 os pilotos que percorrerán o municipio, dividido en 12 seccións de 18 quilómetros de distancia que van dende o paddock, na Piscina Cuberta da Ramallosa até os montes de Lampai.
Ámbolos dous días, a competición comezará as 9:00 horas e rematará ás 16:30h. Ademais, o sábado, trala cerimonia de entrega de premios, celebrarase ás 17:30h un concerto a cargo da Banda de Música da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo.
A competición clausurarase o domingo 13 coa Ceremonia de entrega de medallas da Federación Internacional de Motociclismo para os Campións do Mundo 2015.
O VIII Trial do Concello de Teo está organizado polo Club Motociclista Teo e este ano é unha proba puntuable para o Campionato do Mundo de Trial, na que ademais participarán 28 pilotos femininas que disputarán a segunda proba do Mundial Feminino e as categorías Cup e 125 cc.
Comentários