O Partido Popular demanda o "inmediato arranxo" do muro de Bustelo
- MLC | POLÍTICA
- 11 sept 2015
- 1 Min. de lectura
O grupo popular teense esixe unha solución a este problema, que aseguran é unha mostra "da habitual indolencia do executivo local" e reclaman "disculpas públicas do alcalde"

A formación encabezada por José Manuel Guerra vén de reclamar unha solución ao problema do muro de Bustelo, que xa fora reclamado anteriormente pola oposición municipal e que segundo os populares se podería solucionar dun xeito "doado" e "rápido".
Dende o PP de Teo sinalan que, ao mesmo tempo que o BNG, pediran explicacións acerca da situación da obra, mais o alcalde, nunha reacción inaceptable, "culpabilizou aos veciños do estatus no que se encontraba a actuación nesta aldea de Luou".
Segundo José Manuel Guerra "o alcalde culpabiliza sempre aos demáis de calquera problema sen asumir as súas responsabilidades despois de levar 8 anos no goberno. Pero facelo tamén cos veciños supón traspasar todos os límites".
É por isto que a formación popular vén de presentar unha moción de apoio aos veciños na que se insta a que se tome unha solución inmediata e esixindo as disculpas correspondentes por parte da Alcaldía.
Comments