O IES Cacheiras inaugura mañá o curso 2015-2016
- RSR | EDUCACIÓN
- 14 sept 2015
- 1 Min. de lectura
A presentación farase para os alumnos de bacharelato e contará coa presenza de Alba María
Mañá o Instituto de Secundaria e Bacharelato de Cacheiras volverá a abrir as súas portas para o inicio do curso 2015 – 2016.
Das 12:00 ás 13:00 o alumnado de bacharelato terá a presentación deste novo período escolar, na que contarán ca asistencia de Francisco López Bermúdez “Fuco”, antigo alumno do centro e encargado do relatorio de apertura, e de Alba María, gañadora do I Certame de Canción de Autor en Galego Concello de Teo, quen levará a cabo un relatorio didáctico musical.
O comezo das clases será o mércores 16 ás 8:45 horas para o alumnado de bacharelato, mentres que os alumnos de secundaria terán, á mesma hora, unha presentación a cargo dos seus respectivos titores nas aulas asignadas a tal efecto. Unha vez acabadas as presentacións, as clases para estes alumnos comezarán ás 9:35 horas.
As listaxes dos grupos poderán consultarse na páxina do IES e serviranlles aos alumnos como referencia á hora do chamamento que se fará o mércores.
Respecto ao servizo de autobuses, este empezará o seu percorrido habitual o mércores 16, coincidindo co inicio do curso.
Por outro lado, até o 2 de outubro segue aberto o prazo para solicitar os vales das axudas dos libros de texto para todos aqueles alumnos que tiveran exames de recuperación en setembro. As solicitudes poden facerse no centro en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Comments