O Concello de Teo porá en marcha cursos para enfermos crónicos e para maiores
- RSR - Concello de Teo
- 21 sept 2015
- 1 Min. de lectura
Trátase dun cursiño de exercicio físico e doutro de inglés, ambos organizados pola Concellaría de Benestar
Os enfermos crónicos e os seus familiares poderán participar nun cursiño de ximnasia organizado polo Departamento de Benestar do Concello de Teo en colaboración coa Asociación para a Loita de Enfermidades do Ril (Alcer).
O Concelleiro de Benestar, Ignacio Iglesias, estima que clases “poidan comezar no mes de outubro” e remarca que aínda “hai prazas” dispoñibles.
A actividade é gratuita e poden asistir tanto as persoas con enfermidades crónicas coma os seus familiares, sempre que sexan maiores de 18 anos. Para facelo deberán chamar ao teléfono 981 809 707.
Por outra banda, o Concello tamén organiza, en colaboración coa escola Gola, un curso de inglés para un grupo de 12 persoas maiores. As clases serán os venres nun horario de 19:30 a 20:30 horas e non é necesario que alumnos leven ningún tipo de material. Esta actividade tamén é de balde e os interesados poderán apuntarse chamando a 981 809 707.
Comments