top of page

Veciños e veciñas de Bustelo agradecen que o goberno municipal responda aos dous escritos enviados a

  • JRV | POLÍTICA
  • 21 sept 2015
  • 1 Min. de lectura

Agradecen ademais ao Alcalde que cambiase a súa actitude logo de cinco meses de protestas

Nunha nota remitida a este medio, os veciños e veciñas de Bustelo queren amosar a súa sorpresa diante do goberno municipal logo de que se reiniciaran as obras de reparación da pista e o arranxo do muro do campo de fútbol.

Un cambio de actitude que, segundo os veciños, debe responder á promesa realizada no pleno de xullo diante do rogo formulado polo BNG de “retomar as obras antes das chuvias”.

Os veciños presentaron dous escritos asinados pola inmensa maioría dos veciños do lugar de Bustelo nos que demandaban unha actuación urxente para retomar as obras de arranxo da estrada que dá acceso ás vivendas do lugar.

Diante das últimas informacións feitas públicas, os veciños tamén queren "denunciar a actitude dalgún partido político que únicamente aparece para a foto e para intentar sacar réditos electorais dos problemas dos veciños cando xa había un compromiso por parte do goberno municipal, logo dos rogos formulados no verán, a atender un problema que fora causado pola decisión do executivo municipal de paralizar as obras".

Os veciños e veciñas de Bustelo conclúen na súa comunicación con que esta actuación era "necesaria", mais non se tería conseguido senon fose pola mobilización dos veciños e veciñas do lugar.

 
 
 

Comments


+ NOVAS

Axenda Cultural

Concerto da banda de gaitas de Calo

Día: 11/09/2015

Hora: 19:00

Lugar: Praza dos encontros (A Ramallosa)

Concerto Banda Música de Calo

Día: 12/09/2015

Hora: 17:00

Lugar: Praza dos Encontros (A Ramallosa)

Conto Express

Día: 18/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Mediateca dos Tilos

Visita nocturna aos petróglifos teenses

Día: 19/09/2015

Hora: 21:00

Lugar: Capela de Cornide

Chungatrona, de Peter Punk

Día: 25/09/2015

Hora: 18:30

Lugar: Parque dos Tilos

Opinión
Queres expresarte?
 
Eres escritor ou escritora, poeta ou poetisa, e queres dar a coñecer o teu talento? 
 
Precisas un espazo para que te escoiten, para opinar e denunciar os problemas que che afectan?
 
Envíanos os teus contidos a asnovasdeteo@gmail.com

Arquivo de novas

Mes / Ano

bottom of page