O Club San Francisco Teo celebra o XIV Torneo de Fútbol Sala
- RSR | CSF Teo
- 16 oct 2015
- 1 Min. de lectura
O torneo terá lugar no Pavillón Municipal de Os Tilos durante esta fin de semana

Esta fin de semana terá lugar o XIV Torneo de Fútbol Sala do Club San Francisco Teo, adicado ás categorías dos cativos. O torneo arranca hoxe, coa categoría prebenxamín de segundo ano.
Os partidos prolongaranse até as 21:30 horas aproximadamente.
Na xornada de mañá sábado, será o turno dos equipos prebenxamíns de primeiro ano, en horario de 9:30 a 15:00 horas. Pola tarde, a partir das 17:30 horas celebraranse as
semifinais e as finais de ambas categorías.
O torneo, que se celebra no Pavillón dos Tilos, conta coa participación dos clubes Praíña SP.C., Santiago Futsal, S.D. Villestro, Castiñeiriño, Victoria, Racing San Lorenzo, C.D. Conxo e o CSFTeo.
Por outra banda, durante todo o torneo haberá unha recollida de alimentos, que serán destinados á Sociedade de San Vicente de Paúl.
Comments