O Concello de Teo organiza un roteiro até o Castro de Mouromorto
- RSR | Concello de Teo
- 16 oct 2015
- 1 Min. de lectura
Na visita guiada, que terá lugar o domingo 18, poderanse visionar pezas dos traballos arqueolóxicos feitos pola arqueóloga Pilar Fernández

O próximo domingo desenvolverase un paseo arqueolóxico para todas as idades. Organizado pola Concellaría de Participación Veciñal, o percorrido comezará ás 11:30 horas na Casa Común de Calo, onde poderán verse pezas romanas do século I, así como
fotografías dos restos atopados durante os traballos arqueoxólicos realizados nunha parcela próxima ao castro de Moumorto; todo baixo as explicacións da arqueóloga encargada do proxecto, Pilar Fernández, quen ademais situará o castro no seu contexto
xeográfico e histórico.
Posteriormente, realizarase unha andaina até o castro para visitar os elementos arqueolóxicos visíbeis, como a croa, os parapetos ou as murallas. A xornada rematará na Casa Común de Calo sobre as 13:30 horas.
Comments